jueves, 30 de abril de 2015

XORNALISTAS POR UNHA HORA

O luns 19 de xaneiro, visitamos un set da Televisión de Galicia no Ágora. Alí puidemos descubrir un mundo moi interesante. Tamén fomos locutores de televión, nun "noticieiro" un pouco especial, ademais de realizar algunha entrevista (que non saiu demasiado ben porque non tivemos tempo ningún para preparala). Pasámolo moi ben e... quen sabe se algún día apareceremos cada día na tele?

viernes, 17 de abril de 2015

TITORIAL PARA O USO DE IMAXES

Aquí tedes un titorial que Mónica Muñoz, do CEIP Friáns- Teis, pon a disposición de todos e todas nós para aprender a utilizar imaxes de internet correctamente. Recordade que as imaxes teñen dono e que non poden ser empregadas sen permiso do seu autor/a. Por iso debemos aprender cales usar e como utilizalas.
Dámoslle as grazas por compartir este traballo tan interesante.


Powered by Issuu
Publish for Free

lunes, 16 de marzo de 2015

TEMA 9. O RELEVO

Para practicar un pouquiño e recoñecer onde se sitúan as principais serras, cordilleiras e depresións do noso país.
So tes que picar na imaxe.